CRTVG

Buscar

Guindan ovos contra casas e negocios do Pombal, en Santiago

Publicado o 09/09/2020 14:02

Este hostal da rúa do Pombal é un dos establecementos afectados polo último lanzamento de ovos contra os locais da zona. "Foi na madrugada do luns cando lanzaron os ovos en toda a rúa. Polo que viu algún veciño, é xente moza, de entre 18 e vinte e pico anos", explica Javier Alvarellos, presidente da asociación de veciños.

A situación non é nova. Os veciños do Pombal quéixanse de que levan anos sufrindo o lanzamento de ovos desde esta rúa elevada que está xusto en fronte das casas. "A min botáronme dous, en cada balcón un, aínda teño as cascas aí", explica unha veciña.

"Mesmo lle deron na cara a algunha xente que circula pola rúa", comenta Javier Alvarellos

A asociación de veciños presentou varias denuncias ante a Policía Nacional e ante o Concello de Santiago. "Eu non digo que non se estean tomando medidas", di o presidente da asociación veciñal, "pero non son eficaces".

O concelleiro de Seguridade Cidadá de Santiago asegura que tratará este asunto na próxima xuntanza que manterá coa Policía Local.

Noticias web

09/09/2020