CRTVG

Buscar

Guaidó inicia unha xira internacional que o vai traer a Europa

Publicado o 20/01/2020 21:48

Juan Guaidó, presidente interino de Venezuela recoñecido por 60 países, viaxou por sorpresa á capital de Colombia, Bogotá. Alí reuniuse co vicepresidente dos Estados Unidos, Mike Pompeo, que se encontra no país suramericano para participar nunha conferencia internacional contra o terrorismo. Pompeo reiteroulle á Guaidó o apoio dos Estados Unidos á súa presidencia.

Mike Pompeo, vicepresidente dos EUA: "O mundo debe continuar dando apoio ao pobo venezolano para restaurar a democracia e acabar coa tiranía do réxime de Maduro".

Previamente, Guaidó fora recibido con honras de Estado polo presidente colombiano, Iván Duque, co que tamén mantivo unha xuntanza. Con esta viaxe, Juan Guaidó desafía a prohibición de Maduro para saír de Venezuela. É a segunda viaxe ao exterior que Juan Guaidó fai desde que asumiu o cargo de presidente encargado de Venezuela. Unha viaxe que tamén o traerá a Europa, onde será recibido o mércores polo alto representante da Unión Europea para a Política Exterior, Josep Borrell.

Noticias web

20/01/2020