Guadi Galego, premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado
Publicado o 20/02/2020 20:57

Na véspera do Día Internacional da Lingua Materna, a cantante e compositora Guadi Galego recibiu o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do estado.
O galardón, que outorgan os gobernos das seis comunidades con lingua propia premia o seu último traballo discográfico. Titúlase Immersión, recolle cancións en sete idiomas e conta coa colaboración de artistas de diferentes comunidades.
Ao recoller o premio, Guadi Galego destacou que as linguas son bens que se reciben e que non se deben negar ás xeracións vindeiras.
Máis sobre actualidade
14/04/2021 17:15
14/04/2021 17:11
14/04/2021 17:04