CRTVG

Buscar

Grecia esixiralles unha PCR negativa aos viaxeiros que chegan de España

Publicado o 11/08/2020 15:12
Grecia esixiralles unha PCR negativa aos viaxeiros que chegan de España

Outro país europeo impón restricións aos viaxeiros. Grecia obrigará a presentar unha proba negativa de coronavirus aos que vaian dende España. 

As autoridades gregas inclúen España nunha lista da que tamén forman parte Suecia, a República Checa, Bélxica e os Países Baixos. Os pasaxeiros procedentes destes países deberán levar a proba PCR realizada nos días previos, ata un máximo de 72 horas. A medida entrará en vigor o próximo luns.

Noticias web

11/08/2020