Grave un motorista que colidiu cunha furgoneta en Ourense
Publicado o 19/02/2020 13:56
Un motorista recupérase no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense despois de sufrir un grave accidente de circulación. O sinistro aconteceu nun cruzamento sinalizado da N-525 á primeira hora da mañá ao seu paso polo termo municipal de San Cibrao das Viñas.
A colisión foi contra unha furgoneta que, ao parecer, se interpuxo na súa traxectoria. O motorista foi trasladado de urxencia nunha ambulancia medicalizada, o condutor da furgoneta non precisou asistencia médica e saíu polo seu propio pé do vehículo.
O accidente provocou retencións e ao lugar desprazáronse, ademais de efectivos de urxencias sanitarias, a Garda Civil, Protección Civil e os bombeiros.
Máis sobre Ourense
28/02/2021 21:02