CRTVG

Buscar

Grave incendio no campo de refuxiados de Moria, en Grecia

Publicado o 09/09/2020 08:49

Grave incendio esta madrugada no superpoboado campo de migrantes de Moria, na illa de Lesbos. Coas lapas de fondo, os refuxiados foxen do campamento cargados coas súas equipaxes. Ata o momento non se informou de feridos e inténtase esclarecer a causa do lume, que practicamente destruíu as instalacións. Alí vivían unhas doce mil persoas, máis de catro veces a súa capacidade. Desde a semana pasada estaban en corentena polo coronavirus.

Noticias web

09/09/2020