CRTVG

Buscar

Gravan un home en patinete a case 100 km/h e intentando adiantar en Granada

Publicado o 14/08/2020 15:38

Gravan un patinete a case 100 quilómetros por hora dende un coche en Granada. Cuadruplica a velocidade permitida para ese vehículo. Pero é que ademais supera o límite de velocidade nesa estrada como indican os sinais.

O caso é que cando enfocan o velocímetro para ver a canto vai o patinete tamén se constata que o coche vai por riba da velocidade permitida. Dobre infracción que lles pode custar cara aos protagonistas.

 

Noticias web

14/08/2020