CRTVG

Buscar

Gravan un brutal atraco a unha señora maior en Valencia

Publicado o 19/08/2020 15:18

As imaxes, gravadas por unha cámara de seguridade, recollen o momento en que un home agride brutalmente unha muller maior, no portal da súa casa na cidade de Valencia, para roubarlle a carteira. O agresor entrou tras a muller e tíroulle do bolso. A vítima resistiuse, pero o home sacoulle a carteira e deulle un golpe forte na cara, que a fai caer.

A anciá tivo que ser hospitalizada tras a agresión, aínda que o seu estado non é grave e xa se está recuperando. O agresor xa está detido. Tras o atraco realizou varios pagos coas tarxetas roubadas.

Noticias web

19/08/2020