CRTVG

Buscar

Granxas galegas instalan ventiladores para evitar o estrés por calor nas vacas

Publicado o 29/07/2019 16:20

Saben cal é o animal que máis sofre as altas temperaturas? É a vaca de leite. O seu metabolismo non está afeito á calor excesiva. Por iso, cada vez máis granxas en Galicia están a instalar sistemas para reducir o estrés destes animais.

Unha das sensacións que as vacas perciben de xeito diferente a nós é a calor, algo ao que non se lle prestaba moita atención nas granxas galegas, dadas as temperaturas medias que temos aquí. Pero o problema das vacas de leite non é que pasen frío, senón que é que a partir dos 22 graos de temperatura abafan da calor.

A cooperativa Grille de Mazaricos está a muxir máis de 300 vacas. Malia que aquí as temperaturas non adoitan ser moi altas, todos os veráns notaban as consecuencias da calor.

Por iso, decidiron instalar este sistema que combina auga e aire reducindo a sensación térmica dentro da corte.

Nun día de calor, unha vaca de alta produción pode chegar a beber 150 litros de auga, polo que tamén instalaron bebedoiros en abundancia e con auga de calidade. Uns coidados que permiten a Grille ser unhas das granxas con maior produción de Galicia, con máis de 13.600 litros por vaca e ano.

Un benestar para as vacas que tamén redunda en mellores resultados económicos e produtivos para o gandeiro.











 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019