Grandes retencións na AP-9 en Vigo tras envorcar un camión

A autoestrada do Atlántico permanece cortada á altura do punto quilométrico 152, en Vigo, en dirección á Coruña, por un accidente que está a provocar importantes retencións na vía.
Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, un tráiler de grandes dimensións que transporta combustible envorcou nese punto quilométrico en sentido á Coruña, entre os dous túneles, á altura de Candeán. Ao parecer, o condutor puido saír polo seu propio pé do vehículo e, segundo as primeiras informacións, non habería ningún problema coa carga, que no se derramaría.
Con todo, o accidente é o suficientemente aparatoso como para provocar grandes problemas na circulación, tal e como informa a Dirección Xeral de Tráfico.
#RETENCIÓN nivel NEGRO en AUTOPISTA / AUTOVÍA #AP9 (pk 153.1 al 157.8 decreciente) VIGO #DGTPontevedra #DGT https://t.co/FctRtM9aEn
— D.G.T. (@InformacionDGT) December 21, 2020