CRTVG

Buscar

As salas de concertos temen polo seu futuro

Publicado o 06/05/2020 14:39

Poucas certezas e demasiadas interrogantes. Nas salas de concertos a música parou hai seis semanas e agora, pechadas, o que predomina é, xustamente, o desconcerto.

O plan de desescalada do Goberno permitiríalles programar concertos en xuño, pero entenden que as condicións que se lles impoñen, sobre todo a redución de aforo a un terzo, non fan viable o negocio.

Solicitan, xa que logo, axudas públicas que lles permitan manter a actividade, e mesmo se ofrecen a organizar concertos de homenaxe para os colectivos que máis están a traballar nestes días polo ben común.

Noticias web

06/05/2020