CRTVG

Buscar

Grande actuación de Iago López e Támara Echegoyen en Australia

Publicado o 13/02/2020 14:53

Nos mundiais de vela da clase 49er que se celebran en Australia, Iago López Marra e Támara Echegoyen manteñen un papel sobresaínte.

En 49er, o cántabro Diego Botín e o sonense Iago López Marra ocupan a terceira praza da xeral tras disputar dez regatas. Teñen 11 puntos de vantaxe sobre os cuartos e están a dez puntos do segundo e a 11 dos primeiros. Faltan catro regatas e a Medal Race.

E en FX, a galega Támara Echegoyen e a balear Paula Barceló son segundas na xeral, a 2 puntos das líderes e con 23 de diferenza sobre as terceiras. A viguesa Patri Suárez e a madrileña Nicole Van der Velden marchan no posto vixésimo cuarto.

Noticias web

13/02/2020