CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero xa lidera o grupo socialista no Parlamento

Publicado o 31/07/2019 12:07

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, prometeu este mércores o seu escano como deputado autonómico no Parlamento Galego e na súa toma de posesión manifesou o seu compromiso para traballar por un "cambio" político e social en Galicia.

En declaracións aos medios previas ao inicio do pleno extraordinario onde asumiu a súa condición plena de deputado, Caballero dixo encarar "con humildade", "con responsabilidade" e "tamén con honra" esta nova faceta, que o leva a ter responsabilidades no plano autonómico por primeira vez na súa traxectoria política.

Ao mesmo tempo, afirmou que acode á Cámara galega, onde se viu na súa tribuna a cargos orgánicos e institucionais do partido para presenciar a toma de posesion, co obxectivo de "traballar por un proxecto de cambio por unha Galicia nova" e "rexenerada democraticamente" a través da creación de máis oportunidades para os mozos e dun "impulso nos servizos públicos".

Do mesmo xeito, o dirixente socialista observou que o seu partido está "en condicións de darlle ao país un cambio no modelo económico" e "na estrutura electoral e social do país". Facer visibles estas posibilidades, engadiu Caballero, será un dos seus obxectivos como parlamentario, que se cenrará en "trasladarlle ao país" que o PSdeG está capacitado para remudar a Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí