CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero reúnese cos candidatos do PSdeG ao Congreso e ao Senado

Publicado o 24/03/2019 15:19

Os membros galegos das candidaturas socialistas ao Congreso e ao Senado xuntáronse esta mañá en Santiago co secretario xeral do partido en Galicia para manter unha reunión de traballo. Gonzalo Caballero lanzou unha mensaxe a Casado e a Feijóo, a quen acusa de afastarse das políticas moderadas retrocedendo cara ao pasado. Asegura que o voto ao PSOE e ao equipo galego serán a fortaleza que necesita Pedro Sánchez para levar a España cara ao progreso e o avance social.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019