CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero: "O 10-N está en xogo o futuro do país"

Publicado o 25/10/2019 20:56


Os socialistas galegos tamén teñen en marcha a precampaña. Nun acto en Vilagarcía de Arousa, co alcalde da vila e máis cos candidatos ao Congreso e máis ao Senado por Pontevedra, Gonzalo Caballero insistiu na importancia das eleccións do dez de novembro. "O dez de novembro está en xogo o futuro do país. Son unhas eleccións nas que está en xogo se España vai avanzar ou vai retroceder e o Partido Socialista é o voto útil para o progreso, para o avance, para que non haxa retrocesos", asegura Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

Noticias web

25/10/2019