CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero insiste en que o PSOE é o mellor partido para España

Publicado o 07/11/2019 21:45

Os socialistas galegos rematan en Culleredo este sétimo día de campaña. O secretario xeral do PSdeG visitou as catro provincias galegas nunha xornada en que estivo acompañados por Andrés Perelló, o secretario de Xustiza e Liberdade do PSOE. Gonzalo Caballero confía en que o voto útil da esquerda conflúa o domingo no seu partido. Dixo que o PSOE é o mellor partido para España.

E nun acto en Castellón, o candidato socialista, Pedro Sánchez, reivindicou o seu labor de goberno desde a moción de censura. Eengadiu que se logra formar un executivo estable derogará a reforma laboral e aprobará unha lei de eutanasia. Sánchez culpou da repetición das eleccións o resto dos partidos políticos do Congreso.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019