CRTVG

Buscar

Caballero pide mobilizar os progresistas para que Sánchez saia reforzado

Publicado o 01/11/2019 21:31

Os socialistas galegos pecharon a primeira xornada de campaña electoral en Cedeira. Gonzalo Caballero insistiu na súa intervención na importancia de mobilizar o electorado progresista o 10 de novembro para que Pedro Sánchez poida saír reforzado. Un PSOE forte, dixo, é a única alterantiva á situación de bloqueo político que padeceu España nos ultimos meses.       

Nun acto en Pamplona, o candidato socialista insistiu esta tarde en que non formarán ninguna coalición de goberno co Partido Popular. Diante de militantes chagados tamen doutras comunidades próximas a Navarra, Sánchez preguntoulle a Iglesias se volverá bloquear un executivo progresista.

 

 

 

 

Noticias web

01/11/2019