CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero inicia os trámites para convertese en deputado

Publicado o 18/07/2019 08:20

O líder dos socialistas galegos dá o primeiro paso para se converter en deputado. O secretario xeral dos socialistas galegos achegouse ata o Pazo do Hórreo para presentar as súas credenciais. Tomará posesión efectiva cando a cámara celebre o próximo pleno.

Caballero di que chega para facer visible no Parlamento que hai unha alternativa política. Ademais, demandou de Feijóo que aclare canto antes se vai a esgotar a lexislatura ou pensa adiantar as eleccións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019