CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero incorporarase ao Parlamento nos próximos días

Publicado o 08/07/2019 08:24
Gonzalo Caballero incorporarase ao Parlamento nos próximos días

O líder dos socialistas galegos tomará posesión do seu escano despois das renuncias de Albel Losada e Juan Díez Villoslada, que deixarán as actas esta mesma semana para dedicarse a política municipal. Caballero presidirá o grupo parlamentario e podería estrearse no hemiciclo no verán se houbera un pleno extraordinario. De non ser así, o primeiro cara a cara con Feijóo deberá agardar aos primeiros días de setembro.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019