CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero e Patxi López apoian o candidato socialista de Ourense

Publicado o 13/05/2019 15:31

O secretario xeral do PSdeG asegurou en Ourense que esta cidade foi unha das que rexistrou un maior apoio ás candidaturas socialistas nas pasadas eleccións xerais.

Gonzalo Caballero, que visitou esta mañá a cidade e realizou un percorrido pola zona das Burgas, agarda que ese apoio se repita o vindeiro día 26 para que Rafael Rodríguez Villarino sexa o próximo alcalde ourensán.

Os socialistas de Ourense contaron tamén co apoio do secretario de política federal do PSOE, Patxi López. O ex-lendakari fixo un chamamento á cidadanía para que se mobilice a aposte nas eleccións do vindeiro día 26 polas candidaturas socialistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019