CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero asegura que a alcadesa de Lugo é unha referencia en Galicia

Publicado o 17/05/2019 17:23

A candidata socialista á alcaldía de Lugo, acompañada por Gonzalo Caballero e Adriana Lastra, asegurou ante militantes e simpatizantes que, malia os cambios que sufriu a cidade, Lugo, dixo, precisa dunha segunda transformación.  Lara Méndez. PSdeG-PSOE "Esa cidade que avanzou tanto no eido social, no económico e tamén moitísimo nese sinal de identidade de sentirnos orgullosos da cidade de Lugo para seguir medrando con vistas de futuro"


Gonzalo Caballero asegurou que para que a cidade de Lugo avance precisa de Lara Méndez.  Gonzalo Caballero. PSdeG-PSOE: "O PSOE, coa súa traxentoria de goberno feita na cidade de Lugo ao longo de tantos mandatos a través do alcalde López Orozco, que ten nos últimos catro anos a demostración de como aquel gran proxecto de cidade tivo o mellor desenvolvemento e a mellor continuación, o mellor avance coa etapa da nosa alcalde de Lugo, a alcaldesa de referencia para todos os galegos fixo ao longo dos últimos catro anos"  Adriana Lastra. PSOE: "De la gente como Lara que tiende la mano que acuerda que es capaz de llegar a acuerdos con otras fuerzas políticas por el bien de Lugo"

O secretario xeral dos socialistas galegos tamén se achegou ata Chantada a arroupar a candidata socialista a gobernar este concello.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019