CRTVG

Buscar

González Pons pide concentrar o voto do centrodereita no PP

Publicado o 22/05/2019 11:26

Estebán González Pons, un dos candidatos dos populares á Unión Europea, estivo en Santiago con membros da candidatura municipal, cos que se comprometeu a buscar fondos para investir no proxecto da depuradora.

González Pons percorreu a praza do Obradoiro acompañado por Agustín Hernández e outros membros da candidatura municipal, onde lembrou que o Camiño de Santiago e o inicio da Europa moderna que coñecemos. Pediulles aos votantes que pensen ben o seu sufraxio e que concentren o voto do centro dereita no PP.

 

Noticias web

22/05/2019