CRTVG

Buscar

Gómez-Reino: "Queremos ser a voz de Galicia en Madrid"

Publicado o 12/04/2019 16:07

No seu primeiro día de campaña en Galicia En Común-Unidas Podemos escolleu Santiago para presetar o seu programa electoral. Un programa pensado, segundo eles, dende unha perspectiva feminista e coa aposta de subir o salario mínimo a 1.200 euros. O cabeza de lista pola provincia da Coruña asegura que queren ser a voz de Galicia en Madrid.

En Madrid, Pablo Iglesias reuniuse con representantes da saúde para presentar as súas propostas sobre a xestión sanitaria. O candidato de En Común-Unidas Podemos defendeu unha suba de impostos para garantir a calidade da sanidade pública en España. 

 

Noticias web

12/04/2019