Gómez-Reino pretende convocar unha reunión nas próximas horas cos líderes do PSdeG e do BNG
Publicado o 09/07/2020 21:34
A tres días das eleccións, o candidato de Galicia en Común quere reunirse con Gonzalo Caballero e Ana Pontón para analizar a situación epidemiolóxica na Mariña de Lugo.
Gómez-Reino, que esta tarde paseou polas rúas de Compostela con Yolanda Díaz e Martiño Noriega, cre que a información sanitaria que se está a dar é insuficiente. Nas próximas horas pretende convocar unha reunión cos líderes do PSdeG e do BNG.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 10:22