CRTVG

Buscar

Gómez-Reino compromete o seu apoio aos galegos na Arxentina interesados en retornar

Publicado o 10/03/2020 15:11

O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, está de viaxe en Bos Aires. Alí reuniuse coa colectividade galega.

Tamén mantivo encontros con responsables do Goberno arxentino e explicoulles o proxecto de cambio político que busca para Galicia. Se o consegue, comprometeuse a apoiar os galegos na Arxentina e a axudar aos que estean interesados en volver a Galicia.

Noticias web

10/03/2020