CRTVG

Buscar

Gómez Noya: "O obxectivo é Toquio, non me vou volver tolo coas Series Mundiais"

Publicado o 20/06/2019 19:21

Leva tres probas do Mundial e é o único que repetiu podio. O último en Leeds, onde acabou terceiro. Pelexar polo título non entraba nos obxectivos da temporada pero os resultados metérono na loita.

"Gañar é complicado pero si que é certo que dentro da irregularidade que todo o mundo ten este ano eu fun o máis regular, o único que repetiu podio e un cuarto posto. Estou aí non sen querer pero case polas circunstancias na pelexa polo mundial. Non o imos desaproveitar pero tampouco me vou volver tolo porque o obxectivo segue a ser clasificarme para Toquio e as probas esprinte tampouco me motivan demasiado", sinala Gómez Noya.

Pero antes das Series Mundiais de Montreal e Hamburgo, Gómez Noya disputará este domingo o Europeo de media distancia en Dinamarca. "É unha proba de moito nivel, ao ser campionato de Europa, con bos premios, que sempre atraen a moita xente, e vai ser unha proba dura dende logo. Diferente ás series mundiais, con rivais diferentes pero moi competitiva e veremos que tal imos na bici contra o reloxo outra vez e a ver se podemos estar na pelexa", adianta o triatleta.

Cos Xogos no horizonte, a gran cita do ano para o triatleta galego é o 16 de agosto, en Toquio. Proba test para a clasificación olímpica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019