CRTVG

Buscar

O Goberno e os concellos negocian un protocolo de acceso aos areais

Publicado o 20/05/2020 15:15

Polo momento, o que sabemos é o publicado no BOE deste sábado, onde se sinala que os bañistas deberán facer un uso responsable dos areais.

E outro dato importante: o Ministerio de Sanidade indica que se deberán limitar os espazos mediante sinais no chan.

Segundo puido saber a TVG, o Ministerio pon sobre a mesa a clausura das duchas e as áreas de xogos infantís nos areais.

Quedaría en mans dos socorristas o control do cumprimento da normativa.

O sector pide que a regulación sexa a mesma para todos os areais, independentemente da comunidade, para evitar que o turismo se desvíe ás máis permisivas.

Polo momento, o único seguro é que non poderemos ir ás praias como ata agora. A dúbida é saber como gozaremos do sol e do mar este verán.

Noticias web

20/05/2020