CRTVG

Buscar

Goberno e autónomos alcanzan un preacordo para prorrogar o cese de actividade ata o 31 de xaneiro

Publicado o 28/09/2020 21:05
Goberno e autónomos alcanzan un preacordo para prorrogar o cese de actividade ata o 31 de xaneiro

Pola mañá o Goberno e as principais organizacións de autónomos acadaron un principio de acordo para prorrogar as axudas a este colectivo e a prestación por cesamento de actividade ata o 31 de xaneiro de 2021.

Beneficia os que pecharan por motivos administrativos ou perderan o 75% da súa actividade.

Por cesamento extraordinario cobrarán o 50% da súa base de cotización en vez do 70% actual e quedarán exentos de pagar as cotas.

Tamén se acordou establecer unha axuda para os autónomos de tempada.

Noticias web

28/09/2020