CRTVG

Buscar

Gardas civís declaran no xuízo polo pago das portaxes que houbo atascos na ponte de Rande durante as obras

Publicado o 12/02/2020 14:28

Comezou a sesión coa declaración do perito de Audasa, quen asegurou que o nivel de calidade do servizo na autoestrada foi o correcto durante as obras de ampliación da ponte. A normativa establece 150 horas anuais en que o nivel do servizo pode ser peor que o establecido pola vía. Segundo os datos de Audasa, tanto en sentido Vigo como Pontevedra non se superou esa cifra. Ademais, reduce a 86 as 202 retencións que denuncia a Fiscalía. Delas, só 13 terían como causa as obras.

Os axentes da Garda Civil de Tráfico que interviñeron na regulación da circulación constataron que houbo retencións no período entre febreiro de 2015 e xuño de 2018 que duraron os traballos. Durante a súa declaración, constataron a existencia de atascos e retencións e dixeron que mantiñan activado un dispositivo especial de vixilancia.

Os afectados reclaman a devolución das taxas indebidamente cobradas durante os 28 meses que duraron as obras. O xoves terá lugar a última sesión do xuízo nos xulgados da Parda, en Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2020