CRTVG

Buscar

Gandeiros galegos venden con grande éxito a carne dos Ancares por internet

Publicado o 11/05/2019 17:24

Precisamente na feira do gandeiro de montaña achegouse á xente a iniciatica dunha cooperativa de gandeiros da montaña que vende dende hai uns días carne dos seus xatos a través de Internet. Trátase de animais que viven ceibos no monte dende o seu nacemento ata que van ao matadoiro.

 

Este sábado as vacas De José Antonio pacían tranquuilas deitando das primeiras raiolas do día. En total ten corenta. É o presidente da cooperativa A Carquixa e dende hai uns días venden carne a través das redes.

Na cooperativa xuntáronse douscentos gandeiros. Esta mañá achegaron os lotes que prepara ao público que asitiu á feira en defensa do gandeiro de montaña que se celebrou en San Román.

A carne sae preparada do matadoiro e vai con trasnporte refrixerado ata o domiciolio. Con esta iniciativa, os gandeiros pretenden axudarse para impulsar o seu modo de vida. Nas tres semanas que levan de proba as vandas foron aumentando e xa enviaron lotes a todo o territorio nacional.

Noticias web

11/05/2019