CRTVG

Buscar

Gandeiros de Celanova denuncian que sofren ataques continuos dos lobos

Publicado o 22/01/2020 11:39

Hai un ano comezaba con esta explotación de gando vacún en Celanova e a estas alturas di que o rendemento económico é pouco. Bótalle a culpa aos lobos. Sinala que nun mes xa lle mataron dous becerros e unha vaca. Perdas de máis de cinco mil euros asegura. 

"En menos dun mes matáronlle unha becerra, outra e agora este e seguramente continuará, hoxe vai volver o lobo e vaille matar máis, mira os becerriños pequenos que ten, vaillos matar máis ca seguro. O rapaz cada becerro que lle mata, mil euros ten de perdas e así non vai ir par diante".

"Isto era todo selvático, terras de millo, bosque, de cultivo e a xente foise e veu esta xente para revitalizar toda a vila e, claro, vendo isto quítanlle as ganas a un de poder seguir adiante".

Non é o único. Os gandeiros da zona piden unha solución a este problema. Falan de moitos lobos na zona. Iso os gandeiros, porque os agricultores tamén están en pé de guerra, desta vez co xabaril. Din que hai superpoboacion nestes montes de Celanova e que acaban con todos os cultivos,

"É unha infestación o que hai aqui, metense nas casas eu creo que se lles abrimos as portas da casa xa son inquilnos xa a diario, pero hai moito problema co xabaril".

"Hai perdas todos os días entre xabarís e lobos e tal, e isto... pois a xente está mal".

Os veciños do Freixo tamén temen que o lobo lles faga algo. Atacou ao becerro a tan so cen metros das casas. Din que é unha zona pola que adoitan pasear e temen encontrarse co lobo. 

"Están a cen metros da vila, das casas e pode pasar unha persoa pola noite e tamén o atacan igualiño".

Reclaman ás distintas administracións medidas que freen a baixada destes animais do monte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2020