CRTVG

Buscar

Galicia vai permitir a libre mobilidade entre as catro provincias

Publicado o 06/06/2020 21:11

Galicia, que este luns accede á fase 3 da desecalada, vai permitir a libre mobilidade entre as catro provincias. Era unha demanda xeneralizada e, agora que a decisión depende do Goberno galego, poderá circularse libremente dentro da nosa comunidade. Moitas familias que levaban semanas agardando para reencontrarse con membros que residían nunha provincia poderán verse de novo. Levan case tres meses sen verse, desde o momento en que o Goberno decretou o estado de alarma. O reencontro está xa máis próximo e moitos comezaron xa a conta atrás.
 

Noticias web

06/06/2020