CRTVG

Buscar

Galicia ultima o plan de Nadal, mentres Europa endurece as prohibicións

Publicado o 15/12/2020 15:34

Alemaña e Holanda blíndanse. E Italia, O Reino Unido e Francia endurecen as prohibicións. 

A evolución do virus en Europa non é boa. España está agora mesmo mellor, pero o Nadal fai temer un empeoramento dos datos. Os catedrático emérito de medicina preventiva da USC, Juan Gesta, cre que o recomendable é seguir aquí o exemplo europeo de medidas duras.

A pesar da repunta de casos dos últimos días, Galicia ten agora mesmo unha situación mellor que a media de España. O comité de expertos ultima os detalles do plan para o Nadal. O que está claro é que o noso comportamento vai ser determinante. 

María José Pereira, xefa de medicina preventiva do CHUAC explica que "veñen épocas complicadas, todos temos ganas de estar coa familia, pero temos que ser conscientes de que o noso comportamento pode levarnos a unha nova onda". 

En Galicia, arredor do 2 % da poboación padeceu a enfermidade, a metade que no conxunto de España.

A relaxación é a peor compañeira para este Nadal. Está nas nosas mans evitar unha terceira onda que chegue a España antes que a vacina.

Noticias web

15/12/2020