CRTVG

Buscar

Galicia ten xa máis 1.150 hospitalizados, a maior cifra da pandemia

Publicado o 25/01/2021 09:59

• Van xa 13 xornadas por riba dos 1.000 contaxios diarios. Hoxe, 1.402

Galicia ten xa máis 1.150 hospitalizados, a maior cifra da pandemia

Galicia segue incrementando o número de casos de coronavirus día tras día. Aínda que nos últimos días parece que reduciu a velocidade de crecemento, o balance é de case 20.000 casos activos (19.768, 776 máis), logo de 1.402 novo contaxios diagnosticados. Son 13 xornadas seguidas por riba do limiar do milleiro de contaxios ao día. 

Por áreas sanitarias, a repartición dos casos activos sería:

• A Coruña: 5.225 (+168)

• Vigo: 3.542 (+82)

• Santiago: 3.118 (+194)

• Ourense: 2761 (+70)

• Pontevedra: 1.818 (+168)

• Lugo: 1.1731 (+65)

• Ferrol: 1.573 (+29)

Máis hospitalizados ca nunca

Aparellado ao incesante aumento de casos está a presión hospitalaria, que superou hoxe os máximos de abril. Hai 1.554 persoas ingresadas: 161 nas UCI (+11) e 993 en planta (+77). Supera o máximo de abril de persoas hospitalizadas: 1.107.

A cifra de vítimas no que vai de pandemia tamén segue incrementándose. Onte o Sergas notificou o falecemento de 14 persoas por covid-19 no país. Van 1.622.

Descende a positividade, aínda por riba do 9 %

O Sergas notificou 12.536 probas PCR (+36), das cales deron positivo 1.234. Isto deixaría unha taxa de positividade (número de persoas que dan positivo por cada cen probas realizadas) do 9,84 %, 0,76 puntos menos ca onte e menos ca os 12 % notificados antonte e antes de antonte.

 

 

Mapa de incidencia acumulada