CRTVG

Buscar

Galicia ten cinco novas aldeas modelo para poñer a producir terras a campo

Publicado o 20/02/2020 21:24

Galicia conta con cinco novas aldeas modelo. Son dúas na provincia de Lugo e tres na de Ourense.
Foron declaradas no Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

O principal obxectivo das aldeas modelo é a de poñer a producir terras que están a campo para evitar tamén os incendios.

Medio Rural agarda que este ano 1.000 hectáreas formen parte de aldeas modelo. A gran dificultade do proxecto é o minifundismo, porque esas mil hectáreas son 18.000 terras de 4.500 propietarios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2020