CRTVG

Buscar

Galicia supera os 400 casos activos, despois de 13 días seguidos de subas

Publicado o 05/08/2020 15:36

O número de casos activos non deixa de medrar en Galicia. No que levamos de agosto rexistraronse case un cento de positivos máis. A área sanitaria da Coruña é a máis afectada con 161 casos dos 406 que hai neste intre en Galicia. O gromo ligado a un ximnasio de Arteixo sumou nas última horas 6 positivos máis, subindo aos 55 casos.

Todas as áreas sanitarias rexistraron casos novos nas últimas 24 horas. A maior parte deles, segundo o SERGAS, importados como a último gromo de Vigo con 7 positivos dunha mesma familia procedentes de Madrid.

Despois dunha semana sen novos casos ligados ao gromo inicial na Mariña, Sanidade decidiu permitir a apertura progresiva dos locais de ocio nocturno con restricións de ocupación, o que equipararía a situación destes concellos co do resto de Galicia.

Neste intre hai na nosa comunidade 20 persoas hospitalizadas por covid, dúas delas en coidados intensivos. Máis de 11.300 persaos supseraron xa a enfermidade. Entre as últimas altas a de cinco membros do Fuenlabrada que permancían en illamento nun hotel da Coruña.