CRTVG

Buscar

Galicia suma doce mortes pola covid−19, a metade delas en residencias de maiores

Publicado o 12/01/2021 20:56
Galicia suma doce mortes pola covid−19, a metade delas en residencias de maiores

A Consellería de Sanidade notificou este martes outros 12 falecidos con covid−19 en Galicia, e con iso a cifra total de vítimas da pandemia ascende a 1.474. Destas 12 vítimas, a metade procedía de residencias de maiores.

En concreto, seis dos enfermos faleceron no Hospital Clínico de Santiago: dous homes de 89 anos, unha muller da mesma idade, unha muller de 87 anos, un home de 65 e unha muller de 89. Esta última procedía da residencia Servisenior de Brión. Ademais, no ámbito hospitalario, notificouse o falecemento dun home de 85 anos que se atopaba ingresado no Hospital da Coruña.

As outras cinco mortes notificadas producíronse en centros residenciais. Na residencia integrada Cegadi faleceron un home de 87 anos e outro de 69 procedentes da residencia de Ribeira, e tamén unha muller de 90 anos do Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo. Finalmente, rexistrouse a morte dun usuario de 90 anos da residencia Paz y Bien de Tui, que este martes foi intervida pola Xunta, e dunha muller de 84 anos na DomusVi Vimianzo.

 

Noticias web

12/01/2021