CRTVG

Buscar

Galicia solicita o pase á fase 2 con libre mobilidade en todo o país

Publicado o 19/05/2020 15:20

• A Xunta alega que "só 7 municipios teñen algún caso de transmisión comunitaria"

O conselleiro de Sanidade anunciou hoxe que a Xunta solicitará o pase á fase 2 da desescalada a partir do vindeiro luns, 25 de maio, e que na solicitude pedirase que haxa liberdade de movemento por toda a comunidade autónoma.

Jesús Vázquez Almuíña xustificou esta solicitude, que xa se incluía na anterior proposta da Xunta para o pase á fase 1, "entendendo que estamos en condicións dunha situación epidemiolóxica excelente".

Nunha comparecencia de prensa telemática, o responsable de sanidade do Goberno galego explicou que nos últimos tres días non existiu transmisión comunitaria en 306 concellos, polo que, neste momento, unicamente sete municipios "teñen algún caso de transmisión comunitaria".

Noticias web

19/05/2020