CRTVG

Buscar

Galicia rexistra tres novos falecementos con coronavirus nas últimas 24 horas

Publicado o 23/10/2020 20:02

• O total de vítimas mortais ascende a 859,240 nesta segunda vaga 

Galicia rexistra tres novos falecementos con coronavirus nas últimas 24 horas

O Sergas informa do falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus no último día en Galicia.

Trátase dun varón de 79 anos que estaba ingresado no CHUS, unha muller de 71 anos ingresada no CHUAC e unha muller de 97 anos vinculada coa residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar.

Todos tiñan patoloxías previas.

Cos novos falecementos notificados, o total de vítimas mortais na comunidade desde o inicio da pandemia ascende a 859,240 delas nesta segunda vaga do virus.

Por outra banda, en canto aos novos contaxios, Galicia rexistrou hoxe 514. É a cifra máis elevada do que vai desta onda e a segunda de toda a pandemia, tras os 516 detectados o 29 de marzo.