CRTVG

Buscar

Galicia rexistra menos afogados que no mes de xullo do ano pasado

Publicado o 02/08/2019 19:55

Nove persoas afogáronse en Galicia no mes de xullo. No que vai de ano, a comunidade galega rexistrou un total de 26 afogamentos, 3 menos que o ano pasado. Este dato contrasta co rexistrado a nivel estatal. O informe publicado hoxe pola Federación de Salvamento e Socorrismo revela que este mes de xullo morreron 94 persoas afogadas en España, en praias, piscinas e ríos. É o peor dato dos últimos anos. O perfil da vítima retrata un home de entre 45 e 75 anos.

Noticias web

02/08/2019