Galicia rexistra cinco mortes máis pola covid-19 nunha nova xornada de alza de casos
Publicado o 08/01/2021 20:21

Cinco mortes máis notificadas este venres de persoas diagnosticadas de covid-19 elevan a 1.441 os falecementos desde o inicio da pandemia, segundo datos de Sanidade.
Os decesos son os dunha muller de 84 anos que morreu na residencia San Bartolomeu, de Xove (Lugo); un home de 95 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), unha muller de 89 na residencia Santa Teresa de Jornet, da Coruña; un home de 80 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( CHUF) e unha muller de 93 na clínica viguesa Povisa, onde estaba en planta.
O Sergas indicou que todas estas persoas tiñan patoloxías previas.
Máis sobre Galicia
26/02/2021 12:21
26/02/2021 09:48