CRTVG

Buscar

Galicia encara o 2021 cunha suba dos casos activos (+97) e a presión hospitalaria estable

Publicado o 01/01/2021 11:03
Galicia encara o 2021 cunha suba dos casos activos (+97) e a presión hospitalaria estable

Galicia contaba ao finalizar 2021 con 5.777 casos activos de covid-19, son en total 97 casos máis que na xornada anterior segundo a última actualización do Sergas que comunica 532 contaxios máis que no día anterior.

En canto á presión hospitalaria mantense estable. Neste último día do ano había en planta 290 persoas, o que supón seis menos que no anterior. E nas UCI están ingresadas 55 persoas, cifra que se mantén sen cambios.

En total o ano 2020, o que será recordado pola pandemia da covid-19, deixa en Galicia 1.400 falecidos. 63.510 persoas sufriron a enfermidade, das cales 56.338 xa foron dadas de alta.

As PCR realizadas foron 6.935 nese intervalo temporal e detectáronse 441 positivos por esta vía.  Serológicas practicáronse 928.

Por áreas sanitarias, A Coruña baixa dos cen casos diarios, para situarse en 97 contaxios en 24 horas, e rexistra un total de 1.091 casos activos, 62 máis.

A área de Vigo si pasa o centenar, con 110 novos contaxios, 32 máis, e 1.181 son os seus casos activos, 44 máis.

A área de Pontevedra rexistra unha subida dos novos contaxios, con 48 (23 máis), pero son 789 os seus casos activos (27 menos).

Santiago confirma un descenso: 83 casos por PCR, seis menos, e 1.346 casos activos, 23 menos.

Ourense anota 52 contaxios diarios, oito menos, e 600 casos activos, 27 máis.

En Lugo os novos contaxios detectados por PCR suman 32, 13 menos, e a área queda en 463 casos activos, 19 máis; mentres que Ferrol continúa sendo a zona de menor incidencia, con 19 novos casos, 7 menos, e un total 307 casos activos, cinco menos.

Máis sobre actualidade