CRTVG

Buscar

Galicia recicla 52.000 toneladas de vidro, 33% máis ca hai 5 anos

Publicado o 12/07/2020 15:58

Este xesto é cada vez máis habitual entre os galegos e galegas. En 2019 cada persoa reciclou algo máis de 19 quilos de vidro.

En total en Galicia recicláronse 52.000 toneladas de vidro en 2019, un 33% máis ca hai 5 anos, segundo os datos da Consellería de Medio Ambiente. Por primeira vez bátese unha marca de reciclaxe, o que implica máis concienciación e máis puntos de recollida instalados, máis de 16.500 colectores.

O vidro reciclado en 2019 supón evitar a emisión de 40.000 toneladas de CO2, o que equivale a retirar máis de 19.200 coches da circulación durante un ano. Un xesto fundamental para a loita contra a emerxencia cilmática.

Por provincias, a que máis reciclou por habitante foi A Coruña, seguida de Pontevedra, Ourense e Lugo. 7 de cada 10 galegos xa reciclan os seus residuos.

Noticias web

12/07/2020