CRTVG

Buscar

Galicia recibe visitantes que aproveitan a ponte festiva para facer turismo

Publicado o 10/10/2020 14:52

Estes turistas que visitan a zona vella da Coruña acompañados por unha guía proceden do País Vasco. Estarán en Galicia ata o próximo luns.
A apenas cen metros da praza de María Pita, un hostal ten reservado preto do oitenta por cento das habitacións. A maioría dos hóspedes proceden de comunidades veciñas. Non todos os establecementos hoteleiros da cidade chegan a este nivel de ocupación, pero están moderadamente satisfeitos coas cifras. Traballan, sobre todo, con reservas de última hora.

Axuda o tempo, sen previsión de chuvia para estes días. Chegan visitantes, pero son insuficientes para comercios que dependen ao cen por cento do turismo, como as tendas de recordos. Os próximos meses seguirán marcados pola incerteza.
 

Noticias web

10/10/2020

Máis sobre actualidade