CRTVG

Buscar

Galicia presenta a candidatura para pasar á fase 3, pendente da posible mobilidade interprovincial

Publicado o 01/06/2020 20:38

A Xunta pide o paso á fase 3.O Goberno galego xa lle enviou a documentación ao Ministerio de Sanidade para que a nosa comunidade avance á fase 3 o próximo luns 8 de xuño.

A Xunta quere permitir nesta derradeira etapa da desescalada a mobilidade entre as catro provincias. Pero haberá que agardar a coñecer a nova prórroga do estado de alarma para saber se o Goberno delega o control da mobilidade ás comunidades.

Noticias web

01/06/2020