CRTVG

Buscar

Galicia pide ao Goberno que aclare se o marisqueo é actividade esencial e que facilite as medidas compensatorias

Publicado o 01/04/2020 14:24

A conselleira do Mar e o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores mantiveron unha reunión por videoconferencia para coordinar a resposta do sector fronte á crise do coronavirus. Pídenlle ao Goberno que aclare se a actividade marisqueira é esencial e que simplifique o acceso ás medidas compensatorias. Cren que isto é funtamental no sector, ante a caída da facturación por riba do 96%.

Rosa Quintana, conselleira do Mar: "É difícil manter esta actividade declarada como esencial. Entendemos que todas as mariscadoras e as persoas que se dedican á extracción de recursos específicos poderían acollerse a un cesamento de actividade que ten que decretar o Goberno do Estado e tamén pedimos que se poida simplificar a tramitación deste tipo de subvención para axudar as familias que o están a pasar mal".

José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores: "Nós pedímoslle tamén unha flexibilidade administrativa para ir en conxunto se hai que pedir un cesamento de actividade e non ir un por un".

Na Federación lembran que estes días no sector pesqueiro organizaron o traballo para garantir o abastecemento de peixe no mercado.

Noticias web

01/04/2020