CRTVG

Buscar

Galicia pide a práctica deportiva sen limitacións nin restricións horarias nin xeográficas

Publicado o 16/05/2020 15:07

Este mediodía reuniuse en Santiago o Centro de Coordinación Operativa, o CECOP, creado a raíz da epidemia do coronavirus. Está intregado por representantes da Xunta, a Delegación do Goberno e a Federación Galega de Municipios. Na xuntanza de hoxe acordaron pedirlle ao Goberno que clarifique algunhas medidas anunciadas, pero que non figuran no BOE, como a proxima apertura de establecementos de máis de 400 metros cadrados.

E tamén lle van trasladar ao executivo unha proposta: que se permita a práctica deportiva sen restricións horarias e xeográficas. Isto é, que non se teña que facer no propio concello e nos horarios establecidos, senón que se poidan levantar esas restricións.

Noticias web

16/05/2020