CRTVG

Buscar

Galicia participará do proxecto europeo para a eliminación do plumeiro

Publicado o 25/06/2019 16:28

Está catalogada como unha das cen peores especies invasoras pola Unión Europea e constitúe unha ameaza grave para a zona que vai do norte de Portugal ata Francia psasando por Galicia, Asturias e Cantabria. A Xunta de Galicia xa iniciou traballos previos para a eliminación desta especie en colaboración con Autoestradas do Atlántico e algúns concellos.

Agora, en colaboración coa Asociación SeoBird Life participará nun proxecto transnacional para controlar e eliminar da nosa paisaxe esta especie invasora.

"Temos unha ampla zona de costa de especial conservación que nos preocupa que se puidese introducir e, polo tanto, entendemos que este programa vai ser moi importante á hora de atallar e que non vaia a máis", asegurou Belén Docampo, directora xeral de Patrimonio Natural.

O próximo outono, Galicia acollerá a reunión do grupo de traballo que servirá para compartir experiencias entre todos os socios participantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019