CRTVG

Buscar

Galicia opta á construción dunha fábricha chinesa de baterías para coches eléctricos

Publicado o 15/11/2019 22:56
Galicia opta á construción dunha fábricha chinesa de baterías para coches eléctricos

Galicia opta á construción dunha fábrica chinesa de baterías para coches eléctricos. Estaría en Vigo, que xa presentou a súa candidatura, pero ten aínda que poxar con outras 6 cidades de España. O proxecto supón un investimento de mil millóns de euros e a creación de miles de empregos. Sería a cuarta planta de baterías de capital chinés en Europa. Os terreos da Plisán, en fase de urbanización, serían a localización con máis posibilidades para a fábrica. Xunto á dispoñibilidade de terreo, as comunicacións portuarias e o potencial do grupo PSA á cabeza na fabricación dos coches eléctricos colocan a Vigo nunha posición privilexiada na competición.

Vigo xa presentou a súa candidatura, pola que compite con outras seis cidades españolas.
A construción da fábrica suporía un investimento de preto de mil millóns de euros e a creación de miles de postos de traballo. A finais do primeiro trimestre de 2020 os investidores chineses farán unha primeira criba entre as candidaturas españolas en Sanghai.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019