CRTVG

Buscar

Galicia non desbota a vía xudicial para reclamar os cartos do financiamento

Publicado o 22/08/2019 12:33

O Goberno alega que está en funcións e que por iso non ten capacidade para transferir os cartos do sistema de financiamento que reclaman as comunidades autónomas. Argumenta que segue o criterio da Avogacía do Estado e que non pode liberar os cartos ata a constitución dun novo executivo. O Partido Popular defende que o Goberno ten ferramentas para traspasar as cantidades pendentes ás comunidades. E considera que está utilizando o financiamento autonómico como mecanismo de presión para facilitar unha investidura.

"O que denunciamos desde o Partido Popular é o que denunciaron as comunidades, non só gobernadas polo PP, senón tamén gobernadas polo Partido Socialista, é que están sendo utilizadas polo Goberno de España, neste caso pola ministra de Facenda, como mecanismo de presión", dí Cuca Gamarra.

No caso de Galicia son 700 millóns de euros os que reclama a Xunta. O Goberno galego non renuncia a ninguna vía, mesmo a través dun procedemento xudicial. Cataluña foi a primeira en anunciar que irá aos tribunais. O problema é compartido, pero non todas as comunidades están de acordo. O presidente da Comunidade Valenciana, o socialista Ximo Puig di que o xudicial non é o camiño.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019